FADEMGA Plena inclusión Galicia e a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes colaboran na adaptación de documentos xudiciais a lectura fácil

FADEMGA Plena inclusión Galicia e a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes colaboran na adaptación de documentos xudiciais a lectura fácil

FADEMGA Plena inclusión Galicia asinou un convenio de colaboración

coa Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

da Xunta de Galicia

para o desenvolvemento dun proxecto pioneiro

centrado na adaptación de documentos xudiciais a lectura fácil.

 

Este proxecto, dotado inicialmente cun importe de 20.000,00 €,

ten como obxectivo mellorar o acceso á xustiza

das persoas con discapacidade intelectual

ou do desenvolvemento,

facilitando a comprensión dos textos legais

e garantindo o exercicio efectivo dos seus dereitos.

 

En outubro de 2025 concedéuselle unha ampliación

de 2.500 € adicionais,

quedando pendente a sinatura da correspondente addenda.

 

Esta iniciativa enmárcase no compromiso

de FADEMGA Plena inclusión Galicia

por avanzar cara a unha sociedade máis accesible e xusta. 

Fai un comentario

Protección de datos: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. Como responsable de tratamento, Fademga Plena inclusión Galicia, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidad.