FADEMGA Plena inclusión Galicia convoca o 4º Certame de relato curto

Unha iniciativa que busca dar visibilidade ao talento das persoas con discapacidade intelectual

FADEMGA Plena inclusión Galicia convoca o 4º Certame de relato curto

FADEMGA Plena inclusión Galicia

organiza un concurso de relatos curtos.

Este concurso quere apoiar:

- A creatividade.

- A lectura.

- A escritura.

- A participación.

- A visibilidade.

Tamén quere dar valor

ao talento das persoas con discapacidade intelectual.

 

Nesta edición, os relatos deben falar sobre:

- A lectura.

- O Día das Letras Galegas.

 

QUEN PODE PARTICIPAR?

Poden participar persoas con discapacidade intelectual

ou do desenvolvemento.

Poden ser persoas de entidades federadas

ou non federadas.

 

Cada persoa tamén pode ter apoio durante o proceso.

Ese apoio pode ser de:

- Unha profesional ou un profesional.

- Unha familiar ou un familiar.

- Unha amizade.

- Unha persoa voluntaria.

 

CATEGORÍAS

Hai 2 categorías:

Categoría A

É para relatos individuais.

Participa 1 persoa.

 

Categoría B

É para relatos en grupo.

Pode haber ata 4 persoas.

 

COMO TEÑEN QUE SER OS RELATOS?

Os relatos teñen que cumprir estas normas:

- Estar escritos en galego.

- Estar feitos a ordenador.

- Ter un título.

- Levar un pseudónimo.

Un pseudónimo é un nome inventado

para asinar o relato.

- Os relatos teñen que ser orixinais.

Isto quere dicir que teñen que ser novos.

- Non poden presentarse relatos

enviados antes a outros concursos.

 

CANTO PODEN OCUPAR?

Na Categoría A, o relato debe ter:

- 3 carillas como mínimo.

- 5 carillas como máximo.

Na Categoría B, o relato debe ter:

- 6 carillas como mínimo.

- 10 carillas como máximo.

 

PRAZO PARA PARTICIPAR

Podes participar ata o día 8 de maio de 2026.

 

PREMIOS

Hai 2 premios en cada categoría.

Premios da Categoría A:

Primeiro premio: material por valor de 75 euros.

Segundo premio: material por valor de 50 euros.

Premios da Categoría B:

Primeiro premio: material por valor de 150 euros.

Segundo premio: material por valor de 100 euros.

 

COMO PRESENTAR O RELATO

Tes que preparar 2 sobres.

No primeiro sobre tes que meter:

- O texto orixinal.

- O pseudónimo.

- A categoría na que participas.

Dentro do primeiro sobre tes que meter

un segundo sobre pechado.

Contido do segundo sobre:

Nese segundo sobre tes que poñer:

- Nome e apelidos.

- Entidade á que pertences.

- Teléfono de contacto.

- Se o relato é dun grupo,

hai que poñer os datos do grupo.

 

Este segundo sobre só se abrirá

cando o xurado escolla os relatos gañadores.

 

ONDE ENVIAR OS RELATOS

Tes que enviar os traballos por correo postal

a este enderezo:

FADEMGA Plena inclusión Galicia  “Cuarto Certame de relato curto” Vía Pasteur, 53-B Polígono do Tambre, Santiago de Compostela. 15890, A Coruña. 

 

QUEN DECIDE OS PREMIOS

O xurado estará formado por:

- Persoas da xunta directiva de FADEMGA Plena inclusión Galicia.

- Profesionais da propia federación.

 

CANDO SE COÑECERÁN AS PERSOAS GAÑADORAS

Os relatos gañadores daranse a coñecer

o 17 de maio de 2026.

Poderás ver esa información:

- Na páxina web.

- Nas redes sociais.

 

DESCARGA

Nesta ligazón podes descargar

o cartel e as bases do certame.

 

MÁIS INFORMACIÓN

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia

anímanvos a participar.

Se queres máis información, 

chama ao 981 51 96 50 e pregunta por Irene Fandiño

ou escribe ao correo accesibilidade@fademga.org

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.