FADEMGA Plena inclusión Galicia celebra os avances anunciados pola Xunta no Día Internacional das Persoas con Discapacidade
Visibilidade e empoderamento: mulleres do colectivo alzan a súa voz no Día Internacional das Persoas con Discapacidade
FADEMGA Plena inclusión Galicia
03-12-2024O CERMI Galicia celebrou este luns
o Día das Persoas con Discapacidade,
que este ano estivo centrado en darlle protagonismo
ás diferentes realidades de mulleres con discapacidade.
Entre as participantes neste proxecto estiveron Alba Chao
e Encarna Rodeiro,
usuarias da asociación ASPAS,
que participaron no vídeo dando un exemplo de empoderamento
e de compromiso coa loita pola igualdade das mulleres
no ámbito da discapacidade.
Durante o acto, a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García,
destacou a colaboración das entidades sociais coa Xunta
e anunciou que o Goberno galego vai facer en 2025
un protocolo específico para a atención a mulleres con discapacidade
vítimas de violencia de xénero.
NON SOMOS INVISIBLES
Neste 3 de decembro, dende FADEMGA Plena inclusión Galicia
unímonos á reinvindicación do CERMI,
porque estamos comprometidas coa construción dun mundo
onde as mulleres e nenas con discapacidade
vivan libres de discriminación, violencia e exclusión.
A pesar dos avances significativos na loita pola igualdade entre mulleres e homes
aínda hai desafíos que requiren dunha atención urxente
e de accións decididas.
As mulleres con discapacidade enfrontan obstáculos:
- no mercado laboral,
- no acceso a servizos de saúde
- no acceso á información
- na educación...
Para enfrontar estes desafíos,
é moi importante que haxa unha estratexia
que inclúa políticas públicas que eliminen barreiras;
promovan a igualdade de xénero e o empoderamento
garantan o acceso real e efectivo á xustiza,
melloren a inclusión no mercado laboral
e aseguren a participación das mulleres
en todos os aspectos da vida social, económica,
e política.
A colaboración entre o Goberno, as organizacións,
e as propias mulleres con discapacidade organizadas
é fundamental para avanzar cara a unha sociedade
máis inclusiva e equitativa.
Aquí podes ver
o vídeo conmemorativo deste ano:

