Un novo Regulamento para a accesibilidade cognitiva

O Consello de Ministros aprobou hoxe un Real Decreto que reforza o dereito das persoas con discapacidade intelectual e con dificultades de comprensión a entender a realidade e a acceder aos servizos públicos en igualdade de condicións.

Un novo Regulamento para a accesibilidade cognitiva

Desde FADEMGA Plena inclusión Galicia

celebramos a aprobación dun novo Regulamento.

Un Regulamento é un conxunto de normas

que explica como aplicar unha lei.

Este Regulamento desenvolve a Lei de Accesibilidade Cognitiva.

 

O Parlamento aprobou esta lei en marzo de 2022.

A accesibilidade cognitiva axuda a comprender mellor:

- A información.

- Os espazos.

- Os servizos.

- As normas.

 

O Consello de Ministros aprobou agora este Regulamento.

Para nós, é un paso importante.

Este Regulamento é moi importante

para as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

Tamén é importante para outras persoas

con dificultades de comprensión.

 

Fan falta recursos

Plena inclusión España tamén celebra esta aprobación.

Esta organización levaba anos agardando

por este Regulamento.

Pero tamén pide que haxa recursos suficientes.

Por exemplo, fan falta:

- Cartos.

- Persoas profesionais.

- Medios técnicos.

 

Estes recursos son necesarios

para aplicar ben as novas medidas.

 

Desde o movemento Plena inclusión

dicimos que a accesibilidade cognitiva é un dereito chave.

Un dereito chave é un dereito

que permite exercer outros dereitos.

Por exemplo, comprender ben a información

pode axudar a exercer o dereito a: 

- A educación.

- O emprego.

- A saúde.

- A cultura.

- O ocio.

- A participación na sociedade.

 

Por que é importante o novo Regulamento?

O novo Regulamento crea unhas normas comúns

para todo o Estado.

Estas normas inclúen a accesibilidade cognitiva

en moitos ámbitos da vida diaria.

Por exemplo, o Regulamento pode axudar a conseguir:

- Formularios máis fáciles de entender.

- Documentos máis fáciles de entender.

- Sinais máis claros no transporte.

- Sinais máis claros en espazos públicos.

- Información de saúde máis comprensible. 

- Información electoral máis accesible.

- Máis textos en lectura fácil.

- Máis textos en linguaxe clara.

- Máis pictogramas e apoios visuais.

- Máis sistemas de comunicación accesibles.

- Máis ferramentas tecnolóxicas accesibles.

 

FADEMGA pide que este dereito se cumpra de verdade

Desde FADEMGA Plena inclusión Galicia

pensamos que este Regulamento é un avance importante.

Pode axudar a crear unha sociedade máis accesible

e máis fácil de comprender.

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.