Seminario sobre discapacidade intelectual e saúde mental

Unha xornada de novas ideas e alianzas para seguir mellorando o benestar emocional, o apoio e a inclusión.

Seminario sobre discapacidade intelectual e saúde mental

FADEMGA Plena inclusión Galicia

organizou unha nova edición

do seu seminario sobre saúde mental

e discapacidade intelectual.

 

No seminario participaron:

- Persoas profesionais.

- Entidades sociais.

- Familias.

- Estudantes.

 

Un seminario sobre benestar emocional

O seminario celebrouse

na Facultade de Psicoloxía

da Universidade de Santiago.

 

O tema principal foi o benestar emocional.

Falamos da importancia que ten

nas vidas das persoas con discapacidade intelectual,

das súas familias

e das persoas profesionais que as apoian.

 

A inauguración do seminario

Na inauguración participaron:

- Almudena Díaz Pereira,

da Xunta de Galicia.

- Mari Carmen Pomar Tojo,

deputada do Partido Popular.

- Ramón Sestayo,

presidente de CERMI Galicia.

- Carmen Taboada,

vicepresidenta de FADEMGA.

 

Mari Carmen Pomar dixo

que o seminario é un espazo

que representa a diversidade e a inclusión.

 

Tamén falou do seu traballo

na Comisión de Discapacidade

do Parlamento de Galicia.

 

Almudena Díaz explicou que a saúde mental

é moi importante

para as persoas con discapacidade intelectual.

porque a saúde mental inflúe en moitas cousas:

- Na calidade de vida.

- Na participación social.

- Na autonomía.

- E tamén na saúde física.

 

Un espazo para crecer e avanzar

Este seminario leva case 20 anos celebrándose.

Axuda a que as persoas:

-  Coñezan máis sobre saúde mental.

- Melloren os apoios que dan.

- Traballen xuntas con outras persoas.

 

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.