FADEMGA celebra 25 anos creando emprego inclusivo

Un encontro no que fixemos balance do camiño percorrido e abrimos novas reflexións sobre o futuro do emprego inclusivo en Galicia.

FADEMGA celebra 25 anos creando emprego inclusivo

FADEMGA Plena inclusión Galicia

celebrou unha xornada en Santiago de Compostela.

A xornada chamouse Construíndo emprego.

Serviu para lembrar 25 anos de traballo

polo emprego das persoas con discapacidade intelectual.

Tamén serviu para pensar nos retos do futuro.

 

Quen participou?

Na xornada participaron:

- administracións públicas,

- empresas,

- entidades sociais,

- profesionais,

- familias,

- e persoas con discapacidade intelectual.

 

Todas falaron da importancia

do emprego inclusivo.

 

Que é o emprego inclusivo?

O emprego inclusivo é ter un traballo

con oportunidades e cos apoios necesarios.

Por exemplo:

Unha persoa pode traballar

nunha empresa.

Outra persoa pode axudala

a entender as tarefas ou a resolver dúbidas.

 

Temas da xornada

Na xornada falouse de:

- os primeiros pasos do emprego inclusivo en Galicia,

- o acceso ao emprego público,

- a colaboración coas empresas,

- a formación adaptada,

- e os apoios necesarios durante toda a vida laboral.

 

Recoñecementos

FADEMGA agradeceu o traballo de persoas,

entidades e empresas que apoiaron

o emprego inclusivo.

Tamén recoñeceu a Valeriano Martínez

polo seu compromiso co emprego público inclusivo. 


A xornada contou coa colaboración da Xunta de Galicia,

a Deputación da Coruña, Fundación ONCE

e a Fundación Cidade da Cultura. 

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.