Seminario online sobre educación sexual para familias de persoas con discapacidade

As sesións, que se celebrarán os días 17 e 24 de novembro e o 3 de decembro, estarán impartidas pola psicóloga e sexóloga Natalia Rubio.

Seminario online sobre educación sexual para familias de persoas con discapacidade

FADEMGA Plena inclusión Galicia

organiza un seminario online

sobre educación afectivo-sexual.

 

Este seminario está pensado para ti,

se tes unha persoa con discapacidade intelectual

ou do desenvolvemento

na túa familia.

 

Este seminario está apoiado

pola Consellería de Política Social e Igualdade

da Xunta de Galicia.

 

Quere axudar ás familias a acompañar mellor

ás persoas con discapacidade intelectual

na súa educación sexual.

 

Este seminario continúa o traballo

que comezamos no ano 2023

xunto co especialista Carlos de la Cruz.

 

O obxectivo é que as familias

aprendan ferramentas e habilidades

para axudar ás persoas con discapacidade a:

- coñecerse,

- aceptarse,

- e expresar a súa sexualidade

dun xeito libre e que lles faga sentir ben.

 

Cando é o seminario?

O seminario terá 3 sesións.

Cada sesión dura 1 hora e media.

As sesións serán online en TEAMS.

Poderás escoller entre 2 horarios:

- pola mañá: de 11 a 12 e media

- ou pola tarde: de 4 e media a 6.

 

As datas son:

- Sesión 1: Luns, 17 de novembro.

- Sesión 2: Luns, 24 de novembro.

- Sesión 3: Mércores, 3 de decembro.

 

Nesta ligazón tes o formulario de inscrición. 

E nestaligazón tes toda a información da xornada

Fai un comentario

Protección de datos: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. Como responsable de tratamento, Fademga Plena inclusión Galicia, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidad.