FADEMGA participou nun encontro sobre xustiza fácil de entender

A xornada puxo en valor o papel da colaboración entre administracións e sociedade civil para garantir un acceso real á xustiza.

FADEMGA participou nun encontro  sobre xustiza fácil de entender

FADEMGA Plena inclusión Galicia participou 

nunha xornada de diálogo.

O nome da xornada foi “Xustiza fácil de entender”.

 

A xornada foi na sede da Fiscalía Xeral do Estado,

en Madrid.

O obxectivo de FADEMGA é axudar a conseguir

unha xustiza máis accesible para todas as persoas.

Sobre todo, para as persoas con discapacidade intelectual.

Na xornada participaron institucións públicas

e organizacións sociais.

Todas elas traballan pola accesibilidade cognitiva.

 

De que falaron?

Na xornada houbo varios espazos

para pensar e compartir experiencias.

Falamos de que é necesario

que a Xustiza sexa máis fácil de entender.

 

A experiencia en primeira persoa

Nesta sesión participaron:

- Pilar Bernárdez,

formadora de acceso á xustiza.

- Manuel Seoane, profesional de FADEMGA.

 

As 2 persoas explicaron iniciativas e boas prácticas.

Estas accións axudan a que as persoas con discapacidade intelectual

entendan mellor:

- os seus dereitos,

- os procesos xudiciais,

- e a información legal que lles afecta.

 

Por que é importante adaptar a xustiza

Durante a súa intervención,

Pilar e Manuel explicaron algo moi importante.

Hai que adaptar:

- os documentos,

- a linguaxe,

- e os procesos.

 

Isto serve para que todas as persoas

poidan acceder á xustiza en igualdade.

Tamén destacaron que a accesibilidade cognitiva

é unha ferramenta clave.

 

A accesibilidade cognitiva axuda a reducir barreiras,

e reforzar a autonomía das persoas con discapacidade intelectual.

 

Outras entidades que participaron

No diálogo tamén participaron

outras persoas profesionais

e representantes doutras entidades

como Plena inclusión e o Ceacog. 

O Ceacog é o Centro Español

de Accesibilidade Cognitiva.

 

Que amosa este encontro?

A presenza de FADEMGA neste foro

mostra algo importante.

As organizacións sociais teñen un papel clave

para impulsar cambios na xustiza.

O intercambio de experiencias

entre administracións públicas e sociedade civil

axuda a identificar boas prácticas,

e promover iniciativas que melloren

o acceso aos dereitos.

 

Aínda quedan retos

As persoas participantes coincidiron nunha idea:

nos últimos anos houbo avances.

Pero aínda quedan retos importantes.

Aínda así, encontros como este

amosan que o traballo conxunto entre institucións e entidades sociais

pode lograr melloras reais.

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.