Nova iniciativa de FADEMGA: da ocupación á contribución

Unha iniciativa dirixida a entidades con centros ocupacionais

Nova iniciativa de FADEMGA: da ocupación á contribución

FADEMGA Plena inclusión Galicia

comeza un novo proxecto que se chama:

“Da ocupación á contribución:

transformación de centros ocupacionais.”

 

Está dirixido a centros ocupacionais

que apoian a persoas con discapacidade intelectual

ou do desenvolvemento

maiores de 45 anos.

 

O obxectivo é que os centros

cambien pouco a pouco,

para ser máis personalizados

e máis próximos á comunidade.

 

A idea é que cada persoa

teña máis participación

e teña un papel máis activo

na súa contorna.

 

Por que se fai este proxecto?

Os centros ocupacionais

son moi importantes para moitas persoas.

Pero teñen algúns problemas,

como por exemplo:

- A súa estrutura é pouco flexible.

- É difícil ofrecer apoios personalizados.

 

Este proxecto propón facer cambios pequenos

que sirvan como exemplo para o futuro.

 

Para quen é esta pilotaxe?

Para centros ocupacionais que queiran mellorar

e facer un traballo máis personalizado

e máis comunitario.

 

Como se pode participar?

Se o teu centro está interesado,

tes que enviar a inscrición cuberta

antes do 30 de xaneiro

ao seguinte enderezo:

areasocial@fademga.org

Despois dese día, FADEMGA dirá que centros foron elixidos.

Se hai máis solicitudes das que se poden aceptar,

a Xunta Directiva de FADEMGA

decidirá que centros participan.

 

Onde hai máis información?

Podes descargar estes documentos:

- Información xeral da pilotaxe.

- Cronograma.

- Formulario de inscrición.

 

Tes dúbidas?

Podes contactar con FADEMGA

deste xeito:

- Por correo electrónico: areasocial@fademga.org

- Ou chamando ao teléfono: 981 51 96 50

Pregunta por: Ángela Rivera González.

Fai un comentario

Protección de datos: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. Como responsable de tratamento, Fademga Plena inclusión Galicia, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidad.