FADEMGA impulsa a accesibilidade cognitiva no Museo Centro Gaiás
Profesionais da Federación e persoas con discapacidade intelectual están avaliar a sinalización, a orientación e a comprensión dos espazos
FADEMGA Plena inclusión Galicia
18-06-2026En FADEMGA Plena inclusión Galicia
traballamos para que os espazos culturais
sexan máis fáciles de entender,
máis accesibles e máis agradables
para as persoas con discapacidade intelectual.
O pasado luns participamos nunha actividade práctica
no Museo Centro Gaiás.
Esta actividade forma parte do traballo
que facemos xunto coa Fundación Cidade da Cultura.
Durante a xornada, persoas con discapacidade intelectual
e profesionais en formación
percorreron varios camiños para chegar ao Museo.
Tamén visitaron o edificio por dentro.
O obxectivo era comprobar se o espazo é fácil de entender,
fácil de percorrer e fácil de usar para as persoas visitantes.
Durante a actividade, fixámonos en temas importantes,
como por exemplo:
- se os accesos se identifican ben,
- se os sinais son claros,
- se é fácil orientarse dentro do edificio,
- e se é sinxelo moverse polas distintas zonas.
As ideas e propostas recollidas
servirán para facer melloras
de accesibilidade cognitiva do museo Gaiás.
A accesibilidade non é só quitar barreiras físicas.
Tamén significa que todas as persoas
poidan comprender os espazos, orientarse neles
e desfrutalos con autonomía e con seguridade.
Esta actividade forma parte do convenio de colaboración
asinado en xaneiro entre a Fundación Cidade da Cultura
e FADEMGA Plena inclusión Galicia.
Este acordo permítenos seguir traballando
para que os contidos, os espazos
e a programación cultural do Gaiás
sexan máis inclusivos.
Dende FADEMGA valoramos moi ben
este tipo de iniciativas.
porque lembran algo moi importante:
a cultura debe ser un dereito real para toda a cidadanía.

