Libros da colección Os Balbinos en lectura fácil

A iniciativa garante o acceso á lectura en galego a persoas con dificultades de comprensión lectora

Libros da colección Os Balbinos en lectura fácil

FADEMGA Plena inclusión Galicia

colaborou coa Editorial Fervenza

para facer 3 libros en lectura fácil.

 

Estes libros forman parte

da colección chamada Os Balbinos.

 

O obxectivo é que todas as persoas

poidan ler e entender os libros

en lingua galega.

 

OS LIBROS PRESENTADOS

Os títulos dos libros que se presentaron son:

- Os Balbinos visitan os pazos de Galicia

- Os Balbinos visitan os museos de Galicia

- A Lúa e a Bal gústalle a música

 

Presentáronse esta semana

en Santiago de Compostela.

 

O acto destacou a importancia

de traballar xuntas as editoriais e as entidades sociais

para facer libros máis fáciles de entender.

 

PARA QUEN SON ESTOS LIBROS?

Estes libros están pensados

para nenos e nenas

e tamén para mozos e mozas.

 

Os textos están escritos por

Xoán Carlos García Porral e Toño Núñez.

As ilustracións son de Gabriel Iglesias Sanmartín.

 

QUE FIXO FADEMGA?

FADEMGA axudou a adaptar os textos

para que estean en lectura fácil.

Isto quere dicir que os textos:

- Son claros.

- Son fáciles de entender.

- Están ben organizados.

 

Deste xeito, as persoas con dificultades para ler

tamén poden gozar destes libros.

 

FADEMGA ten moita experiencia

en facer contidos accesibles.

Tamén participa na revisión e validación

dos materiais adaptados.

 

A LECTURA FÁCIL

A lectura fácil a cultura máis xusta

e máis compartida.

A lectura fácil é útil para:

- Persoas con discapacidade intelectual.

- Persoas maiores.

- Migrantes.

- Nenos e nenas que están aprendendo a ler.

- Persoas con dificultades de comprensión.

 

POR QUE É IMPORTANTE ESTA COLECCIÓN?

Os libros de Os Balbinos

axudan a coñecer o patrimonio cultural de Galicia.

Por exemplo, fálase de pazos,

museos e música.

 

Todo está explicado de forma sinxela,

didáctica e inclusiva.

 

APOIO DAS INSTITUCIÓNS

A Xunta de Galicia

axudou a facer esta colección de libros.

Foi a través das axudas

da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Estas axudas forman parte

da Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia.

 

Esta lei quere:

- Eliminar as barreiras para entender a información.

- Asegurar que todas as persoas poidan acceder á cultura.

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.