FADEMGA continuará adaptando documentos xurídicos a lectura fácil

O convenio permitirá que xulgados e servizos xudiciais de Galicia soliciten a adaptación de documentos para persoas con dificultades de comprensión lectora.

FADEMGA continuará adaptando documentos xurídicos a lectura fácil

FADEMGA Plena inclusión Galicia

e a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

renovan a súa colaboración no ano 2026.

 

Esta colaboración serve para continuar cun proxecto importante:

adaptar documentos xudiciais a lectura fácil.

 

Que son os documentos xudiciais?

Son documentos relacionados coa xustiza.

Por exemplo: sentenzas, notificacións

ou outros textos dun xulgado.

 

Para que serve este proxecto?

Este proxecto serve para que as persoas

comprendan mellor a información xudicial.

Está pensado para:

- persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento,

- persoas con dificultades para comprender textos,

- e outras persoas que necesiten información máis clara.

 

A Xunta de Galicia dará ata 25.000 euros

para apoiar este servizo.

 

Quen pode pedir unha adaptación?

Pode pedir unha adaptación

calquera órgano ou servizo xudicial de Galicia.

Por exemplo, un xulgado.

Pode facelo cando nun procedemento

participe unha persoa con discapacidade intelectual

ou unha persoa con dificultades de comprensión.

 

Como se fai a adaptación?

O traballo ten 2 partes:

Primeiro, profesionais especializados

adaptan o documento a lectura fácil.

Despois, un grupo de persoas con discapacidade intelectual

le o documento e comproba se se entende ben.

A isto chámaselle validación.

A validación é moi importante

porque axuda a saber se o texto é claro

para as persoas que o van a ler.

 

Os documentos adaptados teñen valor legal?

Os documentos adaptados a lectura fácil

non teñen un valor legal. 

Son documentos informativos.

Isto quere dicir que axudan a comprender mellor a información.

Pero o documento con valor legal

segue sendo o documento orixinal do xulgado.

 

Por que é importante este proxecto?

Porque axuda ás persoas a comprender mellor

os procedementos xudiciais que lles afectan.

Tamén axuda a que poidan participar con máis seguridade

e exercer os seus dereitos en igualdade de condicións.

 

Con este convenio,

FADEMGA continúa traballando pola accesibilidade cognitiva.

A accesibilidade cognitiva significa que a información

debe ser fácil de entender.

A xustiza tamén debe ser clara, próxima

e comprensible para todas as persoas.

 

Consulta aquí a información sobre esta iniciativa

e como solicitar a adaptación.

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.