FADEMGA e a Xunta colaboran para apoiar a persoas con discapacidade e ás súas familias
O acorda mellorará os centros e programas de atención a familias
FADEMGA Plena inclusión Galicia
08-01-2026FADEMGA e a Xunta de Galicia
firmaron un acordo para mellorar os centros
onde viven ou acoden
as persoas con discapacidade intelectual
ou do desenvolvemento.
Este acordo serve para:
- Conservar e manter os edificios.
- Mercar mobles e outros materiais.
- Pagar ás persoas técnicas
que fan os proxectos e as obras.
Estes centros pertencen a entidades
que forman parte de FADEMGA
e que teñen concertos coa Xunta.
A Xunta dará 750.000 euros
para facer estas melloras.
Estes cartos veñen de Europa,
a través dos fondos Next Generation.
IGUALDADE E APOIO ÁS FAMILIAS
FADEMGA e a Xunta
tamén asinaron outro acordo diferente.
Este segundo acordo ten 2 obxectivos:
- Axudar ás familias a conciliar a vida laboral e persoal.
- Apoiar ás persoas con discapacidade
que están en prisión.
A Xunta dará 55.000 euros
para estes programas.
PROGRAMA DE CONCILIACIÓN FAMILIAR
Este programa serve para que as familias
poidan descansar ou traballar
mentres unha persoa coida ás persoas con discapacidade.
Hai servizos como:
- Atención temporal.
- Estancias curtas con apoio.
IGUALDADE E PREVENCIÓN DO ABUSO
Este programa faise en 5 cárceres:
- A Lama
- Bonxe
- Monterroso
- Pereiro de Aguiar
- Teixeiro
Está pensado para persoas
con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento
que están cumprindo condena.
O programa traballa para:
- Promover a igualdade.
- Evitar situacións de abuso.
A Xunta e FADEMGA seguen a traballar xuntas
para mellorar a vida das persoas con discapacidade
e das súas familias.

