FADEMGA seguirá apoiando o emprego público das persoas con discapacidade intelectual
A colaboración permitirá continuar desenvolvendo accións de formación, apoio na adaptación ao posto de traballo, seguimento laboral e intercambio de experiencias na contorna profesional.
FADEMGA Plena inclusión Galicia
03-07-2026FADEMGA Plena inclusión Galicia
e a Consellería de Facenda e Administración Pública
asinamos hoxe un documento.
Este documento chámase adenda de prórroga.
Unha adenda de prórroga serve para alongar o tempo
dun convenio que xa existía.
Este convenio empezou no ano 2022.
Agora seguirá activo dende o 12 de xullo de 2026
ata o 12 de xullo de 2030.
O convenio serve
para apoiar ás persoas con discapacidade intelectual
que traballan ou van traballar
na Administración da Xunta de Galicia.
O convenio inclúe diferentes actividades.
Por exemplo:
- cursos de formación antes de empezar a traballar,
- apoio para adaptarse ao posto de traballo,
- seguimento do traballo que fai cada persoa,
- formación continua,
- talleres para compartir experiencias.
Tamén se traballará coas persoas que acompañan
ou apoian no posto de traballo.
Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia
valoramos esta renovación como unha boa noticia.
Este convenio axuda a conseguir
un emprego público máis accesible,
máis acompañado
e máis adaptado ás necesidades das persoas
con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.
Tamén axuda a que estas persoas
poidan participar máis na vida laboral pública,
manter o seu emprego
e avanzar na súa autonomía profesional.

