FADEMGA convoca unha reunión urxente pola crise de financiamento dos servizos
A Federación reúne este venres ás súas entidades en Asemblea Extraordinaria para analizar a crise de financiamento e definir un calendario de accións.
FADEMGA Plena inclusión Galicia
01-09-2025Este venres
FADEMGA Plena inclusión Galicia
reunirase coas súas entidades socias.
Van facer unha Asemblea Xeral Extraordinaria.
Queren falar dun problema moi grave:
a crise de financiamento
dos servizos para persoas
con discapacidade intelectual.
Que está a pasar?
As entidades que forman parte de FADEMGA
dan servizos moi importantes
ás persoas con discapacidade intelectual
e ás súas familias.
Pero agora teñen problemas moi grandes.
Os prezos do concerto social
levan moito tempo sen actualizarse.
Ao mesmo tempo:
-
Subiron os soldos das profesionais
por un novo convenio colectivo. -
Tamén subiu o salario mínimo.
-
A inflación está a facer
que todo sexa máis caro.
Todo isto fai que moitas entidades
estean a piques de pechar.
Tamén pode baixar a calidade dos servizos.
A Xunta de Galicia propuxo subir
os prezos entre un 5 % e un 7 %,
pero FADEMGA di que iso non chega.
Que van facer na Asemblea?
Durante a reunión
van falar das seguintes cousas:
-
Poñer datas para facer accións conxuntas.
-
Presionar á Xunta de Galicia
para que cumpra co prometido. -
Pedir máis cartos
para garantir os servizos. -
Esixir salarios dignos
para as profesionais
e que as entidades poidan seguir funcionando.
Eladio Fernández Pérez,
presidente de FADEMGA, di:
As entidades non poden seguir
pagando todos os custes sen axuda.
A Xunta ten que dar máis financiamento
para manter os servizos
e defender os dereitos
das persoas con discapacidade intelectual.
Que é o concerto social?
O concerto social
é un acordo co que a Xunta de Galicia
paga ás entidades sociais
que dan servizos públicos,
como centros de día ou residencias.
Este sistema de financiamento
permite que as entidades
poidan seguir facendo o seu traballo.
Este acordo foi resultado
de moitos anos de negociacións.
Grazas ao concerto social
as entidades sociais teñen máis recoñecemento
e poden seguir axudando
ás persoas con discapacidade intelectual
e ás súas familias.
FADEMGA seguirá loitando
para defender os dereitos
das persoas con discapacidade intelectual,
das súas familias
e das entidades que as apoian.

