FADEMGA abre a Formación Prelaboral 2026
As entidades federadas poderán solicitar accións formativas orientadas a reforzar as habilidades laborais e a autonomía na busca de emprego.
FADEMGA Plena inclusión Galicia
29-06-2026FADEMGA Plena inclusión Galicia
abre unha nova convocatoria de formación.
Esta convocatoria é para as entidades federadas.
As entidades poden pedir cursos e talleres
para persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.
Para que serve esta formación?
Esta formación quere axudarche a buscar emprego.
A formación ofrece:
- información útil.
- ferramentas prácticas.
- habilidades para o emprego.
O obxectivo é claro: apoiarte para empezar ou mellorar a túa busca de traballo.
Que tipos de formación hai?
Hai 2 tipos de accións formativas.
1. Cursos de formación prelaboral
Son cursos en grupo.
Teñen unha parte teórica e unha parte práctica.
Duración dos cursos: mínimo: 15 horas e máximo: 25 horas.
2. Talleres específicos
Son talleres máis curtos e moi prácticos.
Tratan temas concretos sobre a busca de emprego.
Duración dos talleres: mínimo: 3 horas e máximo: 5 horas.
Como serán as sesións?
Os cursos e talleres adaptaranse a cada grupo.
Tamén se adaptarán ás necesidades do alumnado.
Cada sesión terá como máximo 5 horas ao día.
A formación farase nas instalacións das entidades solicitantes.
Que temas se poden traballar?
Nos cursos pódense tratar temas como:
- habilidades sociolaborais,
- busca de emprego,
- dereitos e deberes no traballo,
- prevención de riscos laborais,
- educación viaria,
- igualdade,
- informática básica para buscar emprego.
- tamén pode haber formación sobre emprego público e oposicións.
Quen pode participar?
Esta formación é para persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento
que están a buscar emprego ou queren empezar a buscalo.
O prazo para pedir as accións formativas
remata o día 24 de xullo de 2026.
Como se fai a solicitude?
As entidades interesadas
teñen que enviar a Ficha de Solicitude de Acción Formativa
cuberta correctamente á Área de Emprego e Formación de FADEMGA.
Teñen que enviala por correo electrónico.
correo é este: formacion@fademga.org
Descarga aquí o folleto informativo
dos cursos de formación prelaboral.
Esta actividade está financiada
pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia,
grazas ás persoas que marcan o recadro de Fins Sociais
tamén coñecido como X Solidaria
na súa declaración da renda.

