Encontro de Voluntariado 2026
.
FADEMGA Plena inclusión Galicia
07-10-2026FADEMGA Plena inclusión Galicia
organiza un novo Encontro de Voluntariado.
Neste encontro participarán persoas voluntarias
e organizacións que traballan con persoas voluntarias.
Será un día para compartir experiencias, aprender
e falar sobre a importancia de coidar ás persoas voluntarias.
Cando e onde será o encontro?
Día: sábado 7 de novembro de 2026.
Lugar: Espazo Eisenman, na Cidade da Cultura de Galicia.
Cidade: Santiago de Compostela.
De que imos falar?
Neste encontro falaremos de 3 temas importantes:
1. Como podemos coidarnos?
As persoas voluntarias tamén necesitan coidarse.
Falaremos de como sentirse ben, evitar o cansazo
e pedir axuda cando sexa necesario.
2. Como poden coidar as organizacións ás persoas voluntarias?
As organizacións deben apoiar e acompañar
ás persoas voluntarias.
Por exemplo:
- Escoitar as súas necesidades.
- Axudalas cando teñen dificultades.
- Agradecer e recoñecer o seu traballo.
- Facer que se sintan parte da organización.
Tamén falaremos de como conseguir que as persoas voluntarias
queiran seguir colaborando.
3. Que experiencias podemos compartir?
Coñeceremos experiencias de diferentes organizacións.
Estas organizacións explicarán como traballan coas persoas voluntarias
e que actividades realizan con persoas con discapacidade intelectual
ou do desenvolvemento.
As persoas voluntarias tamén poderán contar as súas experiencias
e compartir ideas.
Como podes participar?
Para participar tes que cubrir o formulario de inscrición.
O último día para inscribirte é o 30 de outubro de 2026.
A partir do 2 de novembro enviarémosche un correo electrónico
para confirmar se tes praza no encontro.
Canto custa participar?
Participar é gratis.
Non tes que pagar nada.
A inscrición inclúe a comida e o material
que utilizaremos durante o encontro.
Podes anotarte cubrindo este formulario.
Es nesta ligazón podes consultar o programa da actividade.
O encontro recibe unha subvención da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
Esta axuda económica procede do IRPF.
O IRPF é un imposto que pagan as persoas polos seus ingresos.
Unha parte deste imposto pode utilizarse para apoiar actividades sociais.

