FADEMGA explica que a situación nos seus centros é moi grave e anuncia protestas diante da Xunta e do Parlamento de Galicia.
FADEMGA alerta: os centros que atenden a persoas con discapacidade intelectual están en risco por falta de diñeiro e apoio da Xunta.
FADEMGA Plena inclusión Galicia
16-10-2025FADEMGA Plena inclusión Galicia
di que hai unha grave crise económica
nas entidades galegas que prestan servizos
a persoas con discapacidade intelectual.
A Federación afirma que o sistema de atención
vai a colapsar
porque non hai financiamento suficiente
e a Xunta non cumpre co Concerto Social.
O Concerto Social é un acordo
polo que a administración debe cubrir
o custo real dos servizos.
Datos importantes
A Xunta non aumenta os recursos
aínda que salarios, inflación
e o Salario Mínimo subiron moito.
FADEMGA xestiona 2.813 prazas públicas
de 5.188 existentes en Galicia.
Atende máis de 3.000 persoas
con discapacidade intelectual en residencias,
centros de día, vivendas, etc.
Se non hai solucións,
hai entidades que poderían pechar.
FADEMGA non descarta
entregar as chaves dos centros á Xunta,
para que sexa a Xunta a que xestione os centros.
Que vai facer FADEMGA?
A partir do 29 de outubro,
FADEMGA e as súas entidades
inician mobilizacións.
Todos os xoves, entidades e familias
rodearán o Parlamento de Galicia.
FADEMGA pídelle á Xunta
que negocie con ela directamente
e non a través doutros organismos.
Por que é importante?
FADEMGA leva preto de 50 anos
prestando servizos públicos
para persoas con discapacidade intelectual
en Galicia.
Con 42 entidades federadas,
traballa para dar apoio ás persoas
e as súas familias.

