FADEMGA apoia o novo Código Ético de Plena inclusión

A federación impulsa unha cultura organizativa baseada na participación, a coherencia e a responsabilidade compartida

FADEMGA apoia o novo Código Ético de Plena inclusión

FADEMGA Plena inclusión Galicia

xa apoia o novo Código Ético de Plena inclusión.

 

O Código Ético é un texto con valores e normas

para facer as cousas ben.

 

Este novo texto axuda a reforzar

o compromiso coa ética

e cos dereitos das persoas con discapacidade intelectual.

 

Os 5 valores máis importantes

O novo Código Ético pon no centro

5 valores principais:

- O respecto.

- A vida plena.

- A xustiza.

- A integridade.

- O diálogo.

 

Para que serve este Código Ético

Estes valores non son só teoría.

Non son só palabras.

Teñen que servir para a vida diaria.

Teñen que verse nas decisións.

Tamén nas relacións.

E tamén na forma de funcionar das organizacións.

 

A ética enténdese aquí como unha práctica diaria.

Isto quere dicir que hai que actuar

segundo eses valores cada día.

 

O compromiso de FADEMGA

FADEMGA asume esta adhesión

con responsabilidade.

Tamén cunha mirada crítica.

Isto significa que sabe que o importante non é só dicilo.

O importante é levalo á realidade.

O verdadeiro compromiso vese nos feitos.

 

Unha tarefa de todas as persoas

FADEMGA tamén fai un chamamento á cidadanía.

Tamén ás persoas do movemento asociativo.

e á sociedade en xeral.

Pide 3 cousas:

- Informarse.

- Participar.

- Esixir compromiso.

 

Ter unha ética sólida é unha tarefa colectiva.

Isto quere dicir que necesita a implicación

de todas as persoas.

 

Tedes máis información sobre o novo Código Ético

nesta ligazón. 

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.