Envellecer con futuro: unha charla coloquio sobre a dignidade dos nosos maiores con discapacidade intelectual

Envellecer con futuro: unha charla coloquio sobre a dignidade dos nosos maiores con discapacidade intelectual

FADEMGA Plena inclusión Galicia

e o Centro Ocupacional Pascual Veiga

organizaron unha charla-coloquio.

O título da charla foi: "Envellecer con futuro".

 

Foi na cidade da Coruña,

e puido asistir calquera persoa interesada.

 

De que se falou?

Falouse dunha idea moi importante:

As persoas con discapacidade intelectual

teñen dereito a envellecer con dignidade,

liberdade e os apoios que precisen.

Iso significa:

- Poder tomar decisións toda a vida.

- Ter recursos para vivir ben, tamén de maiores.

- Sentirse seguras e valoradas.

 

Participación e dereitos

Durante a charla falouse de temas como:

- Participar nas decisións da propia vida.

- Apoiar tamén ás persoas maiores que coidan doutras.

- Adaptar os recursos a cada persoa.

- Facer visible que a vellez pode ser positiva

se hai os apoios necesarios.

 

Un reto para todas as persoas

Carmela González, de FADEMGA,

dixo algo moi importante:

"Hai que falar da vellez.

mén da vellez das persoas con discapacidade.

É un tema que xa está aquí,

e necesitamos pensalo e planificalo

entre todas e todos."

 

Silvia Longueira, política galega,

lembrou que en Galicia

hai moitas persoas maiores de 65 anos.

Tamén dixo que:

"O terceiro sector, como as asociacións,

é moi importante para acompañar as persoas

no proceso de envellecemento."

 

Ramón Sestayo, presidente de CERMI Galicia,

engadiu que:

"Envellecer con dignidade

é poder decidir e ter os recursos necesarios.

Tamén é importante revisar leis

como a da dependencia,

para que se adapten ás novas necesidades." 

 

Josefa Arcas, do Centro Pascual Veiga,

explicou que: "Todas as persoas envellecen,

pero non o fan igual.

Envellecer non é o final,

senón un momento para recoñecer

todo o vivido e aprendido."

 

Mar García Vidal, da Deputación da Coruña,

agradeceu o traballo das persoas coidadoras

e dixo que:

"As entidades sociais saben moi ben

as necesidades reais das persoas.

As administracións teñen que escoitar

e apoiar o seu traballo."

 

Coñecementos e ferramentas

Na xornada tamén participaron profesionais:

Laura Gamonal, médica xeriatra,

falou sobre como coidar a saúde

das persoas maiores poñéndoas no centro.

 

Margarita Garrido, da Fundación ADCOR,

explicou que é importante garantir a autonomía

das persoas tamén cando son maiores.

 

Beatriz Riaño e Paula Castanedo,

terapeutas ocupacionais,

deron consellos prácticos

para axudar ás persoas coidadoras no fogar.

 

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.