“Entretempos: unha viaxe creativa pola vida”
A arte como camiño para expresar, comprender e dar sentido á propia historia
FADEMGA Plena inclusión Galicia
02-03-2026“Entretempos: unha viaxe creativa pola vida”
é unha proposta de arteterapia
dirixida a persoas con discapacidade intelectual
maiores de 45 anos.
Esta iniciativa nace da necesidade de crear espazos
onde as persoas poidan expresar emocións, pensamentos
e vivencias máis alá da linguaxe verbal.
A arte como linguaxe e como ponte
A través da creación artística e do simbolismo,
as persoas participantes poden:
- Comunicar sen palabras.
- Explorar o pasado, o presente e o futuro de maneira visual.
- Integrar emocións e experiencias mediante procesos creativos.
- Reforzar a identidade.
Non se trata de “saber debuxar” nin de facer obras perfectas.
Un percorrido en catro tempos
Entretempos desenvolverase en catro sesións presenciais,
cunha duración aproximada de dúas horas cada unha,
combinando propostas artísticas e espazos de conversa libre,
acompañada e respectuosa.
O itinerario ten catro momentos:
Sesión 1: Memoria.
Sesión 2: Presenza.
Sesión 3: Horizonte.
Sesión 4: Peche do ciclo.
Inscricións, prazos e información
Aquelas entidades interesadas en participar,
debedes cubrir este formulario.
O prazo para amosar interese remata o 13 de marzo.
Neste dosier podedes atopar
toda a información sobre a actividade.
Se tedes calquera dúbida sobre a actividade,
podedes contactarnos chamando ao 981 51 96 50
ou escribindo a areasocial@fademga.org

