Curso de extensión universitaria "O acceso á xustiza para as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento"
Porque o dereito á xustiza tamén é o dereito a comprender, participar e decidir!
FADEMGA Plena inclusión Galicia
21-04-2025Moitas persoas con discapacidade intelectual
seguen sen acceder á xustiza en igualdade de condicións.
Os axustes de procedemento
están recoñecidos pola ONU e pola normativa estatal,
e son claves para garantir o dereito a entender
e ser entendido no ámbito xudicial.
Co fin de dar a coñecer estos apoios,
colaboramos coa Universidade Nacional
de Educación a Distancia (UNED) neste curso
que se celebrará do 5 ao 15 de maio de 2025,
presencial ou online (en directo ou en diferido).
O curso está dirixido a:
- Persoal xudicial
- Corpos e forzas de seguridade
- Persoal técnico e profesionais do ámbito da discapacidade
- Persoas interesadas na defensa dos dereitos.
Con intervención de profesionais de FADEMGA
e outras expertas en facilitación, accesibilidade
e atención a persoas en contornas penais.
Porque o dereito á xustiza tamén é o dereito a comprender, participar e decidir!
Consulta o programa completo e inscríbete aquí

