Contra a soidade non desexada

FADEMGA Plena inclusión Galicia e ASPRONAGA únense ao proxecto "Soidade Cero" para combater a soidade non desexada en persoas con discapacidade intelectual e as súas familias

Contra a soidade non desexada

FADEMGA Plena inclusión Galicia, xunto con ASPRONAGA,

participa no proxecto “Soidade Cero”. 

Neste proxecto ímos abordar a soidade non desexada

en persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento

e as súas familias. 


En Galicia, este traballo desenvolverase con familias

dos diferentes centros e servizos de Aspronaga.


Un proxecto estatal para facer fronte a novas realidades

Soidade Cero é un proxecto que empezou en 2019

en 3 federacións autonómicas, Andalucía, Madrid

e Castela-A Mancha. 

Este proxecto amplíase a 11 novas entidades,

sumando un total de 14 organizacións. 

 

Na nosa Comunidade, FADEMGA e ASPRONAGA

desenvolveremos esta iniciativa a través dun grupo de familiares.

Esperamos poder aportar solucións innovadoras

para acabar coa soidade non desexada

e conseguir que estas familias logren unha vida plena

conectada coa súa comunidade. 


Este proxecto é posible grazas ás persoas

que marcan a X Solidaria na súa declaración da renda,

e conta tamén co apoio do Ministerio de Dereitos Sociais,

e da Fundación ONCE.
 

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.