FADEMGA organiza a xornada "Construíndo emprego"
A xornada, que se celebrará o 26 de maio na Cidade da Cultura, reunirá administracións, empresas, profesionais, entidades sociais, persoas con discapacidade intelectual e familias
FADEMGA Plena inclusión Galicia
14-04-2026FADEMGA Plena inclusión Galicia
vai celebrar unha xornada o día 26 de maio
na Cidade da Cultura.
A xornada chámase Construíndo emprego.
Esta xornada serve para:
- Celebrar 25 anos do Servizo de Emprego e Formación.
- Recoñecer o traballo feito ata agora.
- Falar do presente e do futuro do emprego inclusivo.
Cando e onde é?
A xornada será o 26 de maio.
O horario será de 9 da mañá a 6 e cuarto da tarde.
O lugar será o espazo CINC, Auditorio 1,
na Cidade da Cultura.
Por que é importante?
Hai 25 anos, FADEMGA creou a área de emprego e formación.
A idea era clara: as persoas con discapacidade intelectual
tiñan que poder acceder a un emprego ordinario con apoios.
É dicir: un emprego nunha empresa común,
co apoio que precise cada persoa.
Co paso do tempo, este traballo medrou.
Hoxe é un modelo máis forte e máis coñecido.
Que quere facer esta xornada?
Esta xornada quere facer 2 cousas:
- Recoñecer o camiño feito nestes 25 anos.
- Pensar nos retos que hai agora e nos que virán.
Quen vai participar?
Na xornada estarán:
- Administracións públicas.
- Empresas.
- Profesionais.
- Entidades sociais.
- Persoas con discapacidade intelectual.
- Familias.
De que van falar?
Van falar de temas moi importantes:
- O acceso ao emprego público.
- A colaboración coas empresas.
- Novas ideas para mellorar o emprego.
- O emprego personalizado.
- A formación adaptada.
-Os apoios necesarios durante a vida laboral.
Como participar?
A xornada é gratuíta.
Pero tes que facer inscrición previa
O prazo para inscribirte remata o 20 de maio.
Hai un número limitado de prazas.
Por iso, as prazas daranse por orde de chegada.
Cando remate o prazo, confirmarémosche a túa praza
por correo electrónico.
A xornada "Construíndo emprego" conta coa colaboración da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Deputación da Coruña, Fundación ONCE e Cidade da Cultura.

