Charla-coloquio sobre envellecemento: unha mirada positiva, realista e con apoios
A charla, de balde, celebrarase o 29 de xaneiro, no salón de actos da Universidade Intercontinental da Empresa (UIE) en A Coruña.
FADEMGA Plena inclusión Galicia
09-01-2026O Centro Ocupacional Pascual Veiga
e FADEMGA Plena inclusión Galicia
organizamos unha charla sobre o envellecemento.
Está pensada para:
- Familias.
- Estudantes.
- Profesionais.
- Voluntariado.
- Persoas coidadoras.
- Persoas interesadas.
PARA QUE É ESTA CHARLA?
Queremos falar do envellecemento
dun xeito positivo e realista.
Queremos poñer o foco en:
- A dignidade.
- A autonomía.
- A toma de decisións en todas as etapas da vida.
Durante a charla falaremos sobre:
- Como envellecer con respecto ás persoas.
- Como conseguir os apoios necesarios en cada momento da vida.
- Como garantir unha boa calidade de vida tamén na vellez.
A charla tamén será un espazo para falar,
compartir experiencias e resolver dúbidas.
CANDO E ONDE SERÁ?
Día: 29 de xaneiro de 2026.
Lugar: Salón de actos da Universidade Intercontinental da Empresa (UIE).
Está na Ronda de Nelle, 31 (A Coruña).
Hora: de 4 a 8 da tarde.
De balde.
COMO PODES INSCRIBIRTE?
Podes inscribirte ata o 22 de xaneiro.
Tes que cubrir este formulario.
Cando envíes o formulario verás esta mensaxe:
“La respuesta se ha enviado”.
Unha vez pechado o prazo de inscrición,
avisarémoste por correo electrónico
se tes praza.
Podes descargar o programa da charla nesta ligazón.
TES DÚBIDAS?
Se queres saber máis, podes escribir a:
areasocial@fademga.org
ou chamar ao 981 51 96 50

