Campaña Día Internacional da Muller: Tamén podemos ser nais

No 8M reivindicamos os dereitos das mulleres con discapacidade intelectual e do desenvolvemento a decidir sobre a súa maternidade

Campaña Día Internacional da Muller: Tamén podemos ser nais

Plena inclusión saca a campaña #TambiénPodemosSerMadres,

unha iniciativa para visibilizar e reivindicar

o dereito das mulleres con discapacidade intelectual

a decidir se queren ser nais ou non.

A campaña coincide co Día Internacional das Mulleres (8 de marzo).

 

Plena inclusión di que:

pese a que este é un dereito fundamental para as mulleres,

as que teñen discapacidade intelectual

atopan moitas barreiras para ser nais.

 

Hai 3 obstáculos

que afectan ás mulleres con discapacidade intelectual

para ser nais:

- A falta de información accesible.

- A ausencia de apoios especializados.

- Hai poucos datos para deseñar políticas públicas.

 

Ademáis, Plena inclusión realizou unha enquisa

na que participaron 315 mulleres con discapacidade intelectual

na que respondían a cuestións como: 

- o coñecemento dos seus dereitos reprodutivos,

- experiencias relacionadas coa maternidade,

- obstáculos aos que se enfrentan

- materiais de apoio cos que contan,

- recursos e servizos á súa disposición. 

 

REALIDADE INVISIBLE

A Confederación di que faltan de estudos sobre maternidade

en mulleres con discapacidade intelectual.

Isto fai que esta realidade sexa invisible.

Sen información accesible nin apoios adecuados,

moitas mulleres non poden tomar unha decisión

que sí toman o resto das mulleres sen discapacidade. 

 

Ademáis, as participantes na enquisa

denuncian que aínda existen prácticas profesionais

que vulneran os seus dereitos.

Por exemplo, a esterilización a través da ligadura de trompas. 

 

A campaña #TambiénPodemosSerMadres

terá presenza en redes sociais e medios de comunicación,

compartindo mensaxes de mulleres con discapacidade intelectual

que reivindican o seu dereito para decidir sobre a súa maternidade.

Plena inclusión tamén fala da importancia da política

e di que é urxente que as administracións públicas

como o Goberno central e os gobernos autonómicos

recollan datos, deseñen políticas específicas

e aseguren apoios reais para que este dereito

non dependa da vontade ou os recursos de cada muller.

 

MANIFESTO CON MOTIVO DO DÍA DA MULLER

 

Con motivo do Dia da Muller,

dende FADEMGA tamén estaremos no seminario en liña:

As mulleres con discapacidade traballadoras. 

Este encontro terá lugar o mércores día 12 de Marzo

ás 10 e media da mañá

Neste seminario participaremos cunha das nosas usuarias

do Servizo de Emprego en Santiago de Compostela. 

O seminario é gratis

e podes inscribirte seguindo esta ligazón.

 

Asemade, durante todo o mes traballaremos

cos nosos grupos de mulleres con discapacidade intelectual

en actividades relacionadas coa historia do feminismo. 

 

Tamén deixamos á vosa disposición

o Manifesto da Fundación Cermi Mulleres

na súa versión en lectura fácil,

que podedes consultar aquí

Fai un comentario

Protección de datos: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. Como responsable de tratamento, Fademga Plena inclusión Galicia, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidad.