Asistimos á entrega de medallas Emilia Pardo Bazán

As medallas foron creadas pola Xunta de Galicia no ano 2019 para o recoñecemento e accións relevantes en prol da igualdade entre mulleres e homes.

Asistimos á entrega de medallas Emilia Pardo Bazán

Os tres institutos de investigación sanitaria de Galicia,

a Asociación de Mulleres con Discapacidade (Acadar)

e Rosa Otero, que é a impulsora da Asociación de Amas de Casa da Coruña,

recibiron este mércores as medallas Emilia Pardo Bazón

durante un acto no que FADEMGA Plena inclusión Galicia tivo a sorte de participar. 

 

As medallas Emilia Pardo Bazán foron creadas no ano 2019

para recoñecer a aquelas persoas ou institucións

que loitan pola igualdade entre mulleres e homes. 

 

Neste encontro estiveron presentes as persoas homenaxeadas

así como a conselleira de Política Social, Fabiola García,

o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño,

a alcaldesa da Coruña, Inés Rey,

a subdelegada do goberno, María Rivas

ou o presidente do Parlamento galego, Miguel Ángel Santalices. 

 

Durante o acto, Marta Núñez, membro da Xunta Directiva de Acadar

entidade sen ánimo de lucro que reivindica a igualdade de oportunidades

das mulleres con algunha discapacidade, 

fixo visible a loita destas mulleres. 

Marata dixo que cando unha muller ten unha discapacidade

debe facer moitas conquistas,

tanto no ámbito privado coma no público.

 

A esta reivindicación sumouse Rosa Otero,

presidenta da Asociación Provincial de Amas de Casa,

Rosa dixo que nestes anos temos avanzado moito,

pero é importante que as mulleres continuemos loitando

para que dita igualdade, real e efectiva, chegue a moitos outros ámbitos. 

Fai un comentario

Protección de datos: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. Como responsable de tratamento, Fademga Plena inclusión Galicia, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidad.