As persoas autoxestoras reivindican o dereito a decidir e os apoios para participar
O 24º Encontro Autonómico de Persoas Autoxestoras de FADEMGA reuniu 121 persoas de 13 entidades baixo o lema «O futuro é hoxe: decidindo a nosa vida».
FADEMGA Plena inclusión Galicia
30-10-2026FADEMGA Plena inclusión Galicia reuniu hoxe
a 121 persoas con discapacidade intelectual de 13 entidades
no encontro de persoas autoxestoras de Galicia.
As persoas autoxestoras son persoas con discapacidade intelectual
que se reúnen para falar dos seus dereitos
e tomar as súas propias decisións.
O lema do encontro foi: O futuro é hoxe: decidindo a nosa vida.
Participar é poder decidir
As persoas participantes pediron decidir como queren vivir.
Tamén pediron participar nas decisións das súas asociacións.
Para poder participar necesitan:
- Información fácil de entender.
- Espazos fáciles de usar.
- Apoios para expresar as súas opinións.
- Que as asociacións teñan en conta as súas propostas.
Aprender e compartir experiencias
Ao longo da xornada haberá actividades
para aprender a crear grupos de participación.
Tamén se falará de como queremos vivir cando sexamos maiores
e dos apoios que podemos necesitar.
Ademais, haberá obradoiros sobre:
- Como resolver conflitos con outras persoas.
- A información nas redes sociais e a intelixencia artificial.
- Como participar nas actividades de lecer.
- A sexualidade.
O encontro defende unha idea:
as persoas con discapacidade intelectual teñen dereito a decidir
e a participar na sociedade.

