Aprende a crear e dinamizar Clubs de Lectura Fácil

FADEMGA impulsa a formación “Historias para TODOS e TODAS: como dar vida a Clubs de Lectura Fácil”, unha proposta práctica para achegar ferramentas reais a profesionais

Aprende a crear e dinamizar Clubs de Lectura Fácil

FADEMGA Plena inclusión Galicia

pon en marcha un novo curso.

Este curso axúdache a coñecer mellor a Lectura Fácil

e a crear clubes de lectura

de libros en lectura fácil.

 

CANDO E ONDE É O CURSO?

O curso será o martes 12 de maio de 2026.

O curso será na sede central de FADEMGA Plena inclusión Galicia,

en Santiago de Compostela

en horario de 10 a 2 do mediodía

e de 3 e media a 5 e media da tarde. 

 

QUEN DA O CURSO?

A sesión estará a cargo de María Peralta.

María Peralta estudou Educación Social

e puxo en marcha os primeiros clubs de Lectura Fácil

na Rioja para persoas con dificultades de aprendizaxe.

 

EN QUE CONSISTIRÁ A FORMACIÓN?

Durante o día, as persoas participantes

coñecerán ideas importantes sobre a Lectura Fácil.

Tamén farán unha parte práctica.

Nesa parte práctica aprenderán a crear e dinamizar

Clubs de Lectura Fácil

con distintos grupos de persoas.

 

A QUEN VAI DIRIXIDA A FORMACIÓN?

Esta formación é para:

- profesionais das entidades.

- persoal docente.

- persoal de bibliotecas.

- outras persoas interesadas neste tema.

 

Terán preferencia as profesionais e os profesionais

das entidades de FADEMGA.

 

PRAZO

Podes inscribirte ata o venres 24 de abril.

O luns 27 de abril recibirás un correo electrónico.

Nese correo diranche se tes praza ou se non tes praza.

 

PREZO

O curso custa 5 euros por persoa.

Só tes que pagar cando che confirmen a praza.

 

DESCARGA

Nesta ligazón podes descargar

o cartel e a información da xornada.

 

AMOSA AQUÍ O TEU INTERESE EN PARTICIPAR!

 

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.