Segunda convocatoria de Viaxes IMSERSO 2025. Apúntate!

O prazo estará aberto ata o vindeiro 11 de maio

Segunda convocatoria de Viaxes IMSERSO 2025. Apúntate!

O lecer e o tempo libre son moi importantes

para o desenvolvemento persoal de todas as persoas

e para lograr unha plena inclusión social. 


Desde FADEMGA Plena inclusión Galicia

apostamos dende hai anos

por ofrecer a todas as persoas con discapacidade intelectual

a posibilidade de participar no Programa de Vacacións IMSERSO. 


A través deste programa queremos promover a inclusión

e fomentar a creación de contornas inclusivas

que favorezan as relacións persoais

entre persoas con e sen discapacidade. 

 

Como novidade, este ano dividimos o programa

en dúas convocatorias.

A primeira convocatoria xa pechou o prazo en marzo. 

Agora abre o segundo prazo. 

Podedes achegarnos a documentación ata o 11 de maio. 

 

Para xestionar a túa solicitude

podes chamar a o 981 51 96 50

ou escribirnos a: ocio@fademga.org

 

Aquí podes descargar a documentación

coas instrucións para realizar a solicitude,

os destinos e os arquivos necesarios para a inscrición: 

- Convocatoria

- Condicións xerais

- Ficha de autorización

- Ficha de solicitude individual

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.