Abrimos o prazo de inscrición para a "Xornada de accesibilidade cognitiva en espazos"

Unha ferramenta de dereitos

Abrimos o prazo de inscrición para a "Xornada de accesibilidade cognitiva en espazos"

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia abrimos o prazo de inscrición

na Xornada de accesibilidade cognitiva en espazos,

que terá lugar o 21 de marzo

na Escola Galega de Administración Pública

en Santiago de Compostela.

 

Este evento ten como obxectivo

sensibilizar e formar sobre a importancia da accesibilidade cognitiva,

promovendo espazos máis comprensibles

e accesibles para todas as persoas.

 

Contaremos con expertos na materia, experiencias de boas prácticas

e mesas de debate para compartir coñecementos

e propostas innovadoras.

 

A xornada está dirixida a profesionais, entidades sociais,

administracións públicas e todas aquelas persoas

interesadas en contribuír a unha sociedade máis accesible e inclusiva!

 

As prazas son limitadas,

polo que animamos a todas as persoas interesadas

a inscribirse canto antes.

 

Para máis información e formalizar a inscrición,

podedes consultar este documento

con toda a información da xornada e programa da mesma. 

 

Nesta ligazón atoparás o formulario de inscrición. 

 

Agardámosvos para compartir un encontro enriquecedor

e cheo de aprendizaxes!

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.