FADEMGA organiza unha xornada sobre apoios autodirixidos

A xornada reunirá profesionais, representantes das administracións públicas, entidades sociais e persoas con experiencia directa neste modelo.

FADEMGA organiza unha xornada sobre apoios autodirixidos

As persoas con discapacidade intelectual

teñen dereito a decidir sobre a súa vida.

Por exemplo, poden decidir como queren vivir,

que apoios necesitan

e como queren recibir eses apoios.

Esta é a idea principal dos apoios autodirixidos.

 

Os apoios autodirixidos

son unha forma de organizar os apoios

que necesita unha persoa na súa vida diaria.

 

Neste modelo, a persoa ten máis oportunidades

para decidir e elixir os apoios que necesita.

 

En FADEMGA Plena inclusión Galicia

queremos dar a coñecer este modelo.

A xornada será o día 10 de decembro de 2026

de 10 e media da mañá ata as 3 da tarde

na Hospedería San Martín Pinario,

en Santiago de Compostela.

Descarga aquí o programa completo da xornada. 

 

Quen pode participar?

Esta xornada está dirixida a:

- Persoas que traballan nos servizos sociais.

- Persoas dos concellos que traballan en benestar social.

- Persoas da Administración pública.

- Profesionais de asociacións e centros.

- Outras persoas que queiran coñecer os apoios autodirixidos.

 

Como podes inscribirte?

Participar na xornada é gratis.

Pero tes que inscribirte antes porque as prazas son limitadas.

Para inscribirte, debes cubrir este formulario de inscrición

antes do 4 de decembro de 2026.

 

Cando remate o prazo de inscrición,

enviarémosche un correo electrónico

para confirmar se tes praza.

 

Necesitas máis información?

Se tes algunha dúbida, podes contactar con FADEMGA:

Por correo electrónico: areasocial@fademga.org

ou por teléfono: 981 519 650.

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.