Abrimos convocatoria para os viaxes IMSERSO
Xa podes consultar os destinos dispoñibles para este ano
FADEMGA Plena inclusión Galicia
26-02-2026O lecer é un dereito
O lecer e o tempo libre
son importantes para a túa vida.
Axúdanche a medrar como persoa.
Tamén che permiten participar
na túa comunidade.
FADEMGA Plena inclusión Galicia
leva animando ás persoas con discapacidade intelectual
a participar no Programa de Vacacións do Imserso.
Este programa ofrece viaxes
e tempo de lecer.
Dende FADEMGA:
- Escoitamos as túas preferencias.
- Temos en conta os teus intereses.
- Pensamos nos apoios que precisas.
O obxectivo é claro:
- Crear oportunidades de lecer.
- Viaxar a lugares habituais.
- Compartir espazos con persoas con e sen discapacidade.
- Crear redes de apoio na comunidade.
Prazo de solicitude
O prazo para solicitar destinos en 2026
xa está aberto.
Podes enviar a túa solicitude
ata o día 12 de marzo de 2026.
Non agardes ao último día.
Se precisas axuda para facer a solicitude,
podes chamar ao teléfono: 981 51 96 50
Tamén podes escribir ao correo electrónico:
ocio@fademga.org
Alí explicaranche os pasos que debes seguir.
Documentación:
Aquí podes descargar:
Anexo 1. Compromiso de participación
Le con calma cada documento.
Se non entendes algo, pídenos apoio!
* Aquelas persoas
que fagades a solicitude de maneira indivual
é dicir, que non pertenzades a ningunha entidade federada

