Abrimos as inscricións para o 20º Seminario de Discapacidade Intelectual e Saúde Mental
Vinte edicións compartindo coñecemento e buscando mellores maneiras de acompañar ás persoas.
FADEMGA Plena inclusión Galicia
15-10-2026En FADEMGA Plena inclusión Galicia abrimos as inscricións
para o seminario sobre discapacidade intelectual e saúde mental.
Un seminario é un encontro para aprender e compartir experiencias.
Este ano celebramos a edición número 20 deste seminario.
Cando e onde será?
O seminario será o 20 de novembro
na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago.
De que imos falar?
Falaremos de como apoiar mellor
ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.
Trataremos estes temas:
- A relación entre epilepsia e saúde mental.
A epilepsia é unha enfermidade do cerebro
que pode provocar crises.
Durante unha crise pode haber tremores
ou perda do coñecemento.
- A importancia de escoitar ás persoas
e de como lles ofrecemos apoio.
- Os apoios que podemos ofrecer
sen utilizar medicamentos.
Tamén compartiremos experiencias sobre como apoiar ás familias
e traballar en equipo entre os distintos servizos.
Quen pode participar?
O seminario está dirixido a:
- Profesionais.
- Familiares.
- Persoas voluntarias.
- Estudantes.
- Outras persoas interesadas nestes temas.
O seminario está declarado de interese sanitario.
Isto recoñece o seu interese para a formación sobre saúde.
Ata cando podes inscribirte?
Podes inscribirte ata o 13 de novembro cun prezo máis baixo.
Tamén podes inscribirte do 14 ao 18 de novembro
Nesas datas o prezo será máis alto.
Onde podes consultar toda a información?
Descarga aquí o programa e a información para inscribirte.
No documento atoparás os horarios, os prezos
e os pasos para inscribirte.
Agardámoste para aprender e compartir experiencias!

