Abrimos as inscricións para a Convivencia de Irmás, Irmáns, Cuñadas e Cuñados 2026
A cita terá lugar o 28 de novembro en Santiago de Compostela e ofrecerá un espazo para compartir experiencias e aprender a acompañar nos procesos de cambio. As inscricións estarán abertas ata o 20 de novembro.
FADEMGA Plena inclusión Galicia
03-11-2026FADEMGA Plena inclusión Galicia organiza un novo encontro
para irmás, irmáns, cuñadas e cuñados
de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.
O encontro chámase A importancia dos cambios no camiño da vida.
Falaremos sobre os cambios e as perdas
que vivimos ao longo da vida.
Tamén aprenderemos a acompañar as persoas con discapacidade intelectual
cando pasan por momentos difíciles,
como a morte dunha persoa querida.
Cando e onde será o encontro?
Día: sábado 28 de novembro de 2026.
Horario: de 10 da mañá a 6 da tarde.
Lugar: Hospedería de San Martín Pinario, en Santiago de Compostela.
Que faremos durante o encontro?
Durante o encontro poderás:
- Coñecer outras persoas e compartir experiencias.
- Falar sobre os cambios e as perdas que vivimos.
- Aprender a comprender e expresar os sentimentos.
- Coñecer formas de acompañar as persoas con discapacidade intelectual en momentos dificiles.
Nesta ligazón podes consultar o programa completo
Quen pode participar?
Poden participar irmás, irmáns, cuñadas e cuñados
de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.
Como podes apuntarte?
Para participar tes que cubrir este formulario de inscrición.
Unha persoa profesional da túa asociación
Tes ata o 20 de novembro para apuntarte.
É importante que te apuntes dentro do prazo indicado.
No formulario tamén debes indicar:
- Se vas quedar a comer.
- Se necesitas unha comida especial.
- Se hai alimentos que non podes comer porque che sentan mal.
A partir do 23 de novembro confirmaremos quen ten praza no encontro.
Que pasa se te apuntas e non podes ir?
Se tes unha praza confirmada e ao final non podes asistir,
debes avisarnos antes do encontro.
Podes escribir un correo electrónico a: familias@fademga.org

