Abrimos a convocatoria para participar no Laboratorio de Benestar

Unha iniciativa para promover o fortalecemento da saúde mental

Abrimos a convocatoria para participar no Laboratorio de Benestar

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia

abrimos o prazo de inscrición para o Laboratorio de Benestar.

Esta iniciativa está pensada

para promover a saúde mental e o benestar

das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

 

O laboratorio é un espazo de encontro,

onde ímos explorar:

- como nos relacionamos,

- como xestionamos as emocións ou os conflitos,

- como podemos sentirnos mellor con nós mesmas e cos demais.

 

Cando será e a quen se dirixe?

As sesións serán os xoves 23 e 30 de maio,

e os días 6, 13, 20 e 27 de xuño,

en horario de 10 e media a 12 da mañá. 

Terá lugar na Casa das Asociacións de CABES

en Santiago de Compostela.

 

Está dirixido a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento,

con preferencia para aquelas que teñan enfermidade mental

ou que experimenten bloqueos relacionados coa ansiedade e/ou o estrés.

 

O grupo estará formado por un máximo de 10 a 15 persoas.

As sesións estarán dinamizadas por Marta Pérez,

directora de Inversa Teatro.

 

Como podes inscribirte?

É necesario cubrir esta ficha de inscrición

e enviala a areasocial@fademga.org

antes do 15 de maio.

 

Unha vez pechado o prazo,

confirmaremos a praza ás persoas seleccionadas.

 

Se precisas máis información,

podes contactarnos escribindo a areasocial@fademga.org

ou chamando ao 981 51 96 50 

e preguntando por Pilar Villaverde.

Fai un comentario

Protección de datos: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. Como responsable de tratamento, Fademga Plena inclusión Galicia, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidad.