Abrimos a convocatoria para formar parte da bolsa de persoas auditoras

Un proceso aberto anualmente para reforzar a avaliación e mellora continua das entidades

Abrimos a convocatoria para formar parte da bolsa de persoas auditoras

A bolsa de persoas auditoras

é unha rede de profesionais das entidades federadas

que realizan auditorías internas de calidade.

 

A través desta bolsa,

as persoas inscritas poñen os seus coñecementos

a disposición doutras entidades

e tamén poden solicitar que unha persoa da bolsa

realice a auditoría na súa propia entidade.

 

A bolsa favorece o intercambio de coñecemento,

a aprendizaxe compartida

e a creación de vínculos profesionais

entre as entidades federadas.

 

Onde podo obter máis información?

Podes consultar toda a información nos seguintes documentos:

- Guía informativa da Bolsa de persoas auditoras internas de FADEMGA Plena inclusión Galicia.

- Documento de compromiso da Bolsa de persoas auditoras internas.

- Información adicional da Bolsa de persoas auditoras internas.

 

Ata que día podes inscribirte?

O prazo de inscrición estará aberto

ata o 16 de xaneiro de 2025.

 

Cando coñecerás a quen te auditará e a quen auditarás?

Antes do 26 de xaneiro de 2026

enviarémosvos o calendario co cruce das auditorías internas

entre as entidades participantes.

 

Algunha dúbida?

Podes contactar directamente con Bibi

no teléfono: 981 519 650

ou no correo electrónico: calidade@fademga.org

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.