Aberto o prazo para pedir a formación prelaboral

Formación práctica e adaptada para apoiar a inserción laboral do colectivo

Aberto o prazo para pedir a formación prelaboral

As asociacións de FADEMGA

xa poden pedir a formación prelaboral.

Esta formación é para persoas

con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento

que están buscando traballo

ou queren empezar a buscalo.

 

O obxectivo é aprender cousas importantes

para buscar traballo e poder traballar no futuro.

 

Que se aprende nesta formación?

As persoas que participan

aprenderán cousas como:

- Facer o seu currículum.

- Prepararse para unha entrevista de traballo.

- Usar ben internet para buscar ofertas de emprego.

- Coñecer os seus dereitos e obrigas como traballadoras.

- Mellorar a súa comunicación e a motivación.

 

Tamén hai talleres

para traballar temas máis concretos,

como o manexo de cartos

ou a igualdade no traballo.

 

Este ano hai unha novidade:

un curso sobre como acceder a un traballo

na administración pública, é dicir,

a través de oposicións.

 

Como é a formación?

Os cursos duran como mínimo 15 horas.

Os talleres curtos duran como mínimo 3 horas.

Cada sesión pode durar ata 5 horas.

Os cursos son para grupos de entre 6 e 10 persoas.

Os talleres curtos son para grupos de entre 5 e 8 persoas.

Os contidos adáptanse ás necesidades de cada grupo.

 

Que necesito para participar?

Para participar é necesario:

- Ter discapacidade intelectual recoñecida.

- Ter 16 anos ou máis.

- Estar inscrita no Centro Colaborador de Emprego de FADEMGA

(Podes facer esta inscrición despois de pedir a formación).

Os técnicos e técnicas de orientación

irán á túa asociación para facer a formación.

 

Quen organiza a formación?

FADEMGA Plena inclusión Galicia,

coa colaboración da Xunta de Galicia.

 

Como se solicitan as formacións?

As entidades interesadas

deberán remitir a Ficha de Solicitude 

a formacion@fademga.org

 

Aquelas entidades que desexedes propoñer

unha acción formativa diferente

podedes enviarnos a vosa proposta

por correo electrónico. 

 

O prazo para realizar a solicitude

de formación prelaboral

temina o xoves 24 de xullo de 2025.

 

As formacións serán

entre o 15 de setembro

e o 28 de novembro de 2025.

 

Nesta ligazón

podes consultar o folleto

da formación prelaboral 2025. 

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.