Aberto o prazo de inscrición para o Encontro Autonómico de Irmáns e Cuñados/as 2025

Un encontro para parar, compartir e coidar!

Aberto o prazo de inscrición para o Encontro Autonómico de Irmáns e Cuñados/as 2025

FADEMGA Plena inclusión Galicia

organiza un encontro para irmás e cuñados

de persoas con discapacidade intelectual.

 

Será o sábado 13 de decembro de 2025

na Hospedería de San Martín Pinario,

en Santiago de Compostela.

 

Que é esta convivencia?

É unha xuntanza para falar,

compartir experiencias e sentirse acompañadas

por outras persoas na mesma situación.

As irmás e os cuñados e cuñadas

teñen un papel moi importante nas familias.

 

A veces teñen moitas responsabilidades

e non atopan tempo para parar e coidarse.

Por iso é importante crear espazos seguros

onde rir, descansar e recargar enerxías.

 

O tema deste ano é

A risa como terapia.

 

A convivencia estará guiada por Galiclown,

unha asociación de pallasos

e pallasas hospitalarias.

 

Contarán o seu traballo e como usan o humor

para axudar en momentos difíciles,

como cando unha persoa está no hospital.

 

Tamén haberá actividades prácticas para rir,

compartir e sentirse mellor.

 

Porque a risa non soluciona todo…

pero axuda moito!

 

Máis información:

Nos seguintes enlaces podes ver:

- O programa completo. As cuotas de inscrición. Os prazos para apuntarte.

- O formulario de inscrición. 

 

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.