Aberto o prazo de inscrición no curso “Liderado na práctica”

Un curso para reflexionar, guiar e reforzar o liderado profesional no desenvolvemento de bos apoios.

Aberto o prazo de inscrición no curso “Liderado na práctica”

FADEMGA Plena inclusión Galicia

abre a inscrición do curso “Liderado na práctica”.

Este curso é para:

-  persoas responsables de servizos.

- persoas que xestionan equipos.

O curso pode axudarche a mellorar

o teu papel no acompañamento profesional

e nos apoios de calidade.

 

Quen dá o curso?

O curso darao Laura Garrido Marijuán.

Laura é directora técnica de persoas en APADIS.

Tamén colabora en programas de Plena inclusión.

 

Cando é o curso?

O curso será por internet.

Farase na plataforma de formación de Plena inclusión.

Empeza o luns 4 de maio de 2026.

Remata o luns 15 de xuño de 2026.

 

Clases en directo

Ademais do traballo na plataforma,

haberá 2 clases en directo por internet.

As clases serán: 14 de maio, de 5 a 6 da tarde.

28 de maio, de 5 a 6 da tarde.

 

Para que serve o curso?

O curso quere axudarche:

- a ter ferramentas para liderar no traballo de cada día.

- a pensar como mostrar, orientar e guiar o camiño para dar apoios de calidade.

 

 

Inscricións

O prazo de inscrición estará aberto do 13 ao 23 de abril.

As persoas interesadas

poden facer a súa solicitude a través deste formulario

e consultar o programa completo do curso aquí. 

 

Unha vez rematado o prazo de inscrición,

a admisión do alumnado comunicarase

a partir do 27 de abril,

por correo electrónico,

ao enderezo indicado na solicitude.

 


Esta acción formativa é de balde grazas ao financiamento do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030.

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.