Aberta a convocatoria do 23 Encontro Autonómico de Persoas Autoxestoras

Un día para compartir ideas e construír o futuro xuntas e xuntos

Aberta a convocatoria do 23 Encontro Autonómico de Persoas Autoxestoras

FADEMGA Plena inclusión Galicia organiza

o 23 enccontro de persoas autoxestoras.

 

É un dos eventos máis importantes do ano.

O encontro será o venres 10 de outubro

no Albergue Monte do Gozo,

en Santiago de Compostela.

 

Este día reuniranse persoas autoxestoras

de toda Galicia.

O obxectivo é falar xuntas

sobre 3 temas importantes:

- Ter un emprego.

- Sacar o carné de conducir.

- O futuro das persoas con discapacidade intelectual

e das súas familias.

 

Mensaxe importante do lema

O lema do encontro é:

Rompendo barreiras,

abrindo camiños.

As persoas autoxestoras

queren lembrar que:

Aínda hai moitas barreiras.

Queren vivir unha vida mellor.

Queren decidir sobre o seu futuro.

 

Información práctica 

O prazo de inscrición remata o 22 de setembro.

As asociacións deben enviar un correo a:

areasocial@fademga.org

O 23 de setembro FADEMGA dirá quen ten praza.

Podes descargar aquí

a ficha de inscrición. 

 

Prezos

Persoas de asociacións federadas: 18 €

Persoas de asociacións non federadas: 20 €

 

Como facer o pago

Cada asociación ten que facer

un único pago conxunto.

O prazo para pagar remata o 3 de outubro.

Hai que enviar o xustificante de pago a:

areasocial@fademga.org 

 

Neste documento tes toda a información

sobre o programa e a inscrición. 

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.