A Deputación impulsa o servizo de orientación laboral de FADEMGA que favorece a empregabilidade de case 400 persoas

O Presidente, José Tomé Roca, asinou un convenio de colaboración co presidente de FADEMGA mediante o cal a institución provincial achega 2.500€ para colaborar con este servizo.

A Deputación impulsa o servizo de orientación laboral de FADEMGA que favorece a empregabilidade de case 400 persoas

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca,

firmou un acordo de colaboración co presidente de FADEMGA, Eladio Fernández.

Este acordo supón unha aportación económica de 2.500 euros

para colaborar co servizo de orientación laboral de FADEMGA. 

 

O presidente da Deputación de Lugo dixo que Deputación

aposta pola inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual.

e que as administracións públicas deben traballar

xunto coas entidades sociais

para eliminar barreiras e construír unha sociedade

máis xusta e igualitaria para todas as persoas. 

 

Este acordo beneficiará de xeito directo

a case 400 persoas con discapacidade intelectual da provincia de Lugo.

Tendo en conta as súas familias, son máis de 700 as persoas

as que resultan beneficiarias deste programa específico

no que se inclúen actuacións dirixidas a potenciar o seu desenvolvemento

e a toma de decisións.

 

Ademais, tamén lles facilita unha serie de recursos para a procura de emprego

co obxectivo de que poidan conseguir un posto de traballo.

Fai un comentario

Protección de datos: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. Como responsable de tratamento, Fademga Plena inclusión Galicia, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidad.