A Deputación de Pontevedra apoia os servizos de emprego de FADEMGA

A colaboración contribúe a ofrecer orientación laboral e apoios para o emprego ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento da provincia.

A Deputación de Pontevedra apoia os servizos de emprego de FADEMGA

Ter un emprego axúdanos a ter máis autonomía

e a decidir como queremos vivir.

En FADEMGA apoiamos as persoas con discapacidade intelectual

para que poidan acceder a un emprego.

 

A Deputación de Pontevedra deunos unha axuda de 4.000 euros

para estes servizos na provincia de Pontevedra.

 

Para que usaremos esta axuda?

A axuda servirá para manter os nosos servizos de emprego:

- Servizo de Información e Orientación Laboral.

- Servizo de Apoios para o Emprego.

 

Cando nos concederon a axuda?

A Deputación concedeunos esta axuda o 4 de setembro de 2026.

A axuda forma parte dun programa para apoiar os proxectos sociais

das entidades sen ánimo de lucro.

Estas entidades usan os seus recursos para mellorar a vida das persoas.

Recibimos os 4.000 euros que solicitamos.

É a mesma cantidade do ano pasado.

 

Desde FADEMGA agradecemos este apoio á Deputación de Pontevedra.

Esta axuda permítenos seguir traballando

para que máis persoas teñan oportunidades de acceder a un emprego.

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.