Varios cursos de autoformación de Plena Inclusión
Organiza: Plena Inclusión
Datos Xerais:
Categoría: Formación
Prezo: Gratuíto
En liña: si
Lectura fácil: non
Cando: Durante todo o ano 2026
Enlace do curso: https://formacionabiertaplenainclusion.org/
Descrición
Cursos de autoformación gratuítos
durante todo o ano 2026
Plena Inclusión organiza varios cursos en liña
para que poidas aprender ao teu ritmo.
Estes cursos son gratuítos
e podes facelos dende a casa.
Estarán dispoñibles
durante todo o ano 2026.
Como son estes cursos?
-
Son cursos de autoformación.
É dicir, fas os contidos pola túa conta.
Sen horarios obrigatorios. -
Son cursos en liña.
Precisas conexión a internet. -
Podes escoller o momento que mellor che vaia
para empezar.
Ata cando me podo inscribir?
Podes inscribirte en calquera momento
do ano 2026.

