CATÁLOGO Solucións innovadoras para avanzar en apoios personalizados e en comunidade
Datos Xerais:
Categoría: ÁREA SOCIAL
Publicado: 2024
Autoría: Plena Inclusión
Financiación: Ministerio de Derechos Sociales, Consumo y Agenda 2030
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Apoios
Descrición:
Neste Catálogo presentamos proxectos (prototipos ou pilotaxes) que apoian a transformación social e a transferencia do coñecemento xerado nos últimos anos, co obxectivo de contribuír na procura de solucións innovadoras. Estes proxectos impúlsanse de maneira coordinada entre a confederación e as súas federacións/entidades estatais membro.
Desde PlenaLab fomos capaces de testar a través deste laboratorio de ideas: artefactos, formas de traballo e ideas emerxentes, que hoxe forman parte das metodoloxías que utilizamos nos nosos proxectos máis innovadores.

