Formación en liña sobre Planificación Persoal por Adiantado
Un curso destinado a promover apoios de calidade e futuros inclusivos.
FADEMGA Plena inclusión Galicia
08-09-2025Poñemos en marcha un novo curso de formación en liña dirixido a profesionais de atención directa e a coordinadores/as de programas e servizos que desexen ampliar os seus coñecementos en estratexias de Planificación Persoal por Adiantado.
Esta acción formativa está especialmente deseñada para aquelas persoas interesadas en asumir o rol de facilitador/a de procesos de Planificación Persoal por Adiantado, unha metodoloxía que pon no centro os desexos, necesidades e proxectos de vida de cada persoa, axudando a construír futuros máis inclusivos e significativos.
Destinatarios e criterios de admisión
Terán preferencia na admisión:
- Os/as profesionais de entidades federadas a FADEMGA Plena inclusión Galicia (buscando representar ao maior número de asociacións).
- A orde de inscrición.
- O grao de implicación e participación da entidade nas actividades federativas.
Duración e datas
O curso terá unha duración de 32 horas e desenvolverase entre o 1 e o 31 de outubro de 2025.
Formadora
Ángeles Baldonedo Taboada, directora da asociación ASPADEZA (Lalín).
Obxectivos e contido
O curso permitirá ás persoas participantes:
Comprender en que consiste a Planificación Persoal por Adiantado, as súas características e fases.
Desenvolver as competencias necesarias para exercer como facilitador/a nestes procesos.
Nesta ligazón podes descargar o programa de contidos do curso.
Podes inscribirte aquí antes do 19 de setembro.

