Compliance

O cumprimento normativo ou Compliance é o conxunto de políticas, procedementos e accións que levamos a cabo desde FADEMGA Plena inclusión Galicia para asegurar que o que facemos axústase á lexislación vixente e aos nosos estándares éticos.

Este cumprimento está regulado pola Lei 2/2023, do 20 de febreiro, de protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción.

CANLE DE DENUNCIAS

Para garantir o Compliance, en FADEMGA Plena inclusión Galicia tomamos medidas de diferente índole, entre as cales está a nosa Canle de denuncias.

Esta canle pódena utilizar as persoas empregadas, colaboradoras, directivas e outros grupos de interese, co fin de comunicarnos calquera irregularidade ou incumprimento do noso código ético, dos nosos valores ou da normativa legal que debemos cumprir.

As comunicacións a través da canle de denuncias son confidenciais, pero tamén poden ser anónimas, aínda que animamos ás persoas denunciantes a que nos faciliten algunha dirección de correo electrónico, teléfono ou correo postal para poder contactar.

Isto facilitará a investigación da denuncia e a instrución do expediente cando sexa necesario.

Para garantir a obxectividade, imparcialidade, autonomía e efectividade do sistema, a Canle de denuncias é xestionada por un despacho de avogados externo, sen a intervención de ningunha persoa directiva ou membro do órgano de administración durante o desenvolvemento do proceso.

Desde FADEMGA Plena inclusión Galicia agradecémosvos a vosa colaboración para manter a integridade da nosa organización erradicando calquera comportamento irregular ou inadecuado.