Voces 415
Datos Xerais:
Categoría: Boletíns
Publicado: 2017
Editorial: Plena inclusión España
Lectura Fácil: Si
Publicación para: familias , profesionais
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Comunicación
Descrición:
Alta e clara resoou a voz de máis das máis de 500 persoas chegadas de todo
o Estado que esixiron, ante a sede do Tribunal Constitucional de Madrid o
pasado 8 de febreiro, o dereito ao voto de todas as persoas con discapacidade.
O desencadenamento da protesta, organizada polo Comité Español de Representantes
de Persoas con Discapacidade (CERMI), DOWN ESPAÑA e
Plena inclusión foi o fallo en contra do Tribunal Constitucional a un recurso
de amparo presentado pola familia de Mara, unha moza con discapacidade
intelectual que loita para poder exercer o seu dereito para votar.
No curso da concentración leuse un Manifesto sobre o dereito
ao voto das persoas con discapacidade, e lembrouse que en España case
100.000 persoas con discapacidade non teñen dereito de sufraxio por ter
unha sentenza de incapacitación.

