O que toda familia debe saber sobre educación. Conceptos Básicos.
Datos Xerais:
Categoría: ÁREA SOCIAL
Publicado: Febreiro 2025
Autoría: Plena inclusión
Publicación para: administracións públicas , familias , persoas con discapacidade , profesionais
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Descrición:
AFA, AMPA, APYMA, PT, AL, ATE? Que é un referente curricular? E un ditame de escolarización? Ou os axustes razoables? Que diferenza hai entre integración e inclusión?
Se tes un fillo ou filla en idade escolar, a coordinación e colaboración co centro educativo é imprescindible.
Para que haxa unha boa comunicación, é importante que as familias coñezamos como funciona o sistema educativo e como son os procesos e documentos que afectan á escolarización.
Este documento recolle algunhas palabras e conceptos que se usan de forma habitual que debes coñecer.

