Informe do proxecto "Construimos comunidades accesibles" - Accesibilidade no barrio de O Carregal

Datos Xerais:

Categoría: Accesibilidade

Publicado: Decembro 2025

Autoría: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Coordina: Dolores Portela

Colaboran: Plena inclusión

Publicación para: administracións públicas , empresas , familias , persoas con discapacidade , profesionais

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Accesibilidade cognitiva , Calidade de vida

Descrición:

Poñemos á vosa disposición o informe completo do proxecto desenvolvido no marco da iniciativa “Construímos Comunidades Accesibles”, un pilotaxe que en Galicia centramos no barrio de O Carregal (Betanzos).

Trátase dun proceso orientado a impulsar barrios máis comprensibles, inclusivos e participativos, especialmente para as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento. O proxecto recolle o traballo do equipo de exploración, integrado por profesionais, persoas con discapacidade intelectual de Fundación Hospitalarias Betanzos e axentes clave do territorio.

Este equipo analizou o barrio a través de tres ferramentas fundamentais: Mapeo Comunitario, Escoita Comunitaria e Cocreación.

Para que serve este proceso?

O informe permite comprender mellor a realidade do barrio, identificar barreiras e fortalezas e avanzar cara a espazos máis accesibles desde a perspectiva da accesibilidade cognitiva. Aspectos como a sinalización, a información en edificios públicos ou os apoios para a orientación teñen un impacto directo na vida diaria das persoas.

Un proxecto que constrúe comunidade

Este pilotaxe está a fortalecer redes, a promover participación e a evidenciar que o cambio social nace do local. Cando unha comunidade se analiza e se constrúe de maneira inclusiva, toda a veciñanza sae gañando.